26 de out. de 2010

Uma noticia: (Jornalismo de imprensa, Radio, TV e ciberjoralismo)


Dous titáns con moito aguante

Sobre estas liñas: enriba a Pnificadora i embaixo o interior da estación de tren Compostelá.

Dous emblemáticos edificios galegos que corrian perigo de ser demolidos serán finalmente reconvertidos para o seu uso cultural. Así foi anunciado nesta última semana polas autoridades pertinentes, Adif no caso da estación de tren Compostelá e o Ministerio de cultura no caso da Panificadora de Vigo.

O pasado inverno anunciabase a necesidade de demoler a estación de tren de Santiago de Compostela por mor da chegada do AVE á capital galega. O argumento pertinente era as pequenas dimensións dunha estación que está chamada a ser o nó central do eixe atlántico de alta velocidade e da súa conexión coa meseta. A idea inicial de aprobeitar a operación para rexenerar unha zona que quedou aillada polas barreiras que as vías do tren supuxeron e unir os barrios do sur da cidade e o futuro parque das brañas do sar ao centro parecía ser incompatible coa conservación do edificio. Mas os técnicos parecen optar agora pola posivilidade de conservar o edificio neo-barroco inaugurado por Franco e levantar ao seu carón a nova terminal con entrada directa dende a avenida do horreo. Porén a superficie contruida se reducirá nun 50% pasando dos 25.000 metros cuadrados proxectados inicialmente, a perto dos 12.000 ao restárselle a zona comercial que será sustituida polos baixos das edificacións colindantes.

No caso da Panificadora viguesa, técnicos da Dirección Xeral do libro, dependente do ministerio de Cutura validaron o edificio como óptmo para albergar a futura Biblioteca do Estado. Varias ubicacións eran posibeis pero ao final a antigua fábrica resultou ser o emplazamento idóneo tanto pola sua centralidade como por dar resposta a unha construcción que estaba en continuo proceso de deterioro dende que deixara de realizar a súa función nos anos 80 e que é defendida por un amplo movemento cívico. A todo isto se lle engade a propia fisonomía do centro fabril dotado de teitos altos e grandes espazos e ao seu valor patrimonial e simbólico reflexo do Vigo industrial de principios do século pasado. Esta semana o concello comezou as conversas para a compra do edificio ás sociedades que posuen os dereitos sobre a construcción. De non chegar a bo porto advirten de que non se descarta a expropiación.

Iníciase así un proceso de recuperación do patrimonio arquitectónico histórico demandado por un grande número de colectivos pero que non sempre é doado polas cadeas ás que estos edificios están sometidos. Ainda abundan espallados pola xeografia galega simbólicos edificios como a fábrica de lápices Hispania no Ferrol co perigo de correr a mesma sorte que o tan extrañado edificio castromil.



Nenhum comentário:

Postar um comentário